Cuestións sobre La escurridiza o cómo esquivar el amor (I)

Aquí van algunhas cuestións sobre La escurridiza o cómo esquivar el amor.

Esta película está rodada con cámaras de vídeo lixeiras, sempre ao ombro, o que lles dá unha gran mobilidade aos planos. Que sensacións transmite esta forma de filmar? Que consegue o cineasta con esta elección formal? Por que cremos que optou por esta estética?

No principio deste vídeo podes apreciar a estética da que estamos a falar:

Outra cuestión que caracteriza esta película e a utilización dos primeiros planos de forma moi potente. Que crees que o director pretende con esta elección?


Deixar un comentario